Menú Cerrar

A nosa biblio

  • Quen somos?

    Somos o equipo de dinamización da biblioteca do IES Carlos Casares de Vigo.

  • O noso equipo de profesoras

    Si, si, un equipo! Os tempos xa cambiaron. O equipo da biblioteca está formado por un conxunto de profesoras de varios departamentos: Lingua castelá e literatura, Lingua galega e literatura, Bioloxía e Xeoloxía. En total seis persoas dedicadas a facer da biblioteca un espazo divertido para pasar as horas de lecer.

  • O noso equipo de voluntariado

    Se queremos abrir a biblioteca a todo o público, temos que contar con voluntarios e voluntarias que nos axudan a facer deste lugar unha experiencia diferente. Os nosos axudantes forman parte do programa de Voluntariado na biblioteca escolar. Queres unirte? Pasa pola biblioteca, estaremos encantadas de que formes parte desta experiencia.

  • Unha biblioteca do século XXI

    Bibliocasares.es: Este é o lugar onde atoparás toda a documentación da nosa biblioteca. Navega polos seus menús para coñecernos máis a fondo, e non te perdas o noso blog!!!
     Redes sociais: Pois claro!!! Para seguir as nosas andainas qué mellor que seguirnos na nosa consta de Instagram @biblio_casares_off Nela poderás ver e comentar fotografías, ler poemas, votar nos concursos que organiza a biblioteca e botarte unhas risas con algúns gifs divertidos. Non o podes perder!!!
     Lectura móbil, lévaa onde vaias: Tamén, tamén! Quen dixo que o móbil non serve para ler? Propoñémosche varias opcións de lectura para ver no móbil vaias onde vaias. Preme na ligazón e compróbao!