Menú Cerrar

Manga

#sonmanga

Un club de lectura de Manga na biblioteca escolar? E por que non!

Cantos asistíchedes a unha conversación como esta?

— Que fas?
— Leo
— Que les?
— Un manga
— Que dis! Iso non é ler!

O alumnado coñecía e lía manga. A biblioteca fixo o resto: coordinación, lugar de encontro, horas e moitos, moitos libros. Obviáronse os prexuízos que existen sobre este xénero e púxose en marcha o xa famoso Club Manga. É o que conta con máis seguidores e son incondicionais. Mozas e mozos de distintas idades unidos pola fascinación destas historias de ficción xaponesas. Non é raro ver calquera persoa integrante destes clubs léndoos en algun lugar do centro.

Lecturas recomendadas
  • Quen?

    Todo o alumnado do centro

  • Cando?

    Un recreo á semana

  • Onde?

    Na biblioteca

  • E os libros?

    Encárgase a biblioteca de proporcionales ou dánse solucións alternativas

  • Actividades

     Comicón de Moaña