Menú Cerrar

Lectura fácil

#edoada

Toda a poboación ten dereito ao acceso á información, ao coñecemento e á cultura. Dende Bibliocasares consideramos que a lectura é unha ferramenta moi poderosa que nos permite ser máis autónomos e competentes. Se ben non todo o mundo ten as mesmas capacidades cognitivas para interpretar textos, en Bibliocasares esforzámonos para que todo o alumnado, independentemente das súas capacidades, poida salvar as barreiras comprensivas e acceder a información escrita favorecendo así a igualdade de portunidades. Na biblioteca poderás atopar libros de lectura fácil e comprobar de primeira man que ler é doado!

Libros de de lectura fácil
Páxinas recomendadas de lectura fácil

 Asociación Lectura Fácil: entidade sen ánimo de lucro que traballa para facer accesible a lectura, a cultura e a información a todas as persoas con dificultades lectoras.

 Noticias fácil: Este portal é un proxecto que se creou no marco do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España. Seu obxectivo é desenvolver unha plataforma interactiva de servizos e materiais de lectura fácil relacionados coa actualidade e documentos de interese xeral

Actividades de lectura fácil

 EU # LEOFÁCIL

EU # ESCRIBOFÁCIL