Menú Cerrar

CAMIÑOS DO BO TRATO (A Asociación Vecinal de Mulleres contra os Malos Tratos visítanos)

Asociación sen ánimo de lucro centrada no acompañamento integral a mulleres en procesos de violencia, así como na formación en xénero e na concienciación, prevención e denuncia social.

Ao longo de todo o curso, as especialistas da asociación pasaron por todas as clases da ESO para falarnos das relacións de violencia que se que se producen nas parellas, mesmo nas parellas de adolescentes. Ante esta realidade tan dolorosa e frecuente, é necesario coñecer e rexeitar unha sociedade que propicia e permite estas conductas. É hora de que tomemos o camiño do BO TRATO.

A alumna Sabela Lago Vietez de 1º B considera que charlas como estas non só son interesantes, senón que son necesarias. Foi unha charla clara que chegou directa a nós, comentou. Adrián Lago Castro, di que a charla poderá axudalo nun futuro a intentar loitar contra o machismo no que todos e todas fomos educados. Nerea Álvarez Arnosi quedou impresionada cos vídeos que puxeron na charla e pensa que a charla axudouna a mirar as cousas doutra forma.