
Seguindo co noso proxecto dos coidados, a semana pasada visitou o noso centro Moncho, matrona no Hospital de Salnés. Na súa charla fixo un percorrido pola historia da súa profesión, a súa experiencia persoal e como decidiu converterse en matrona.
Achegounos ao parto e á importancia de estar preparadas e formadas para ao embarazo. Explicounos como se vive o parto nas diferentes culturas e sinalou as grandes diferenzas entre as mulleres de países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento no momento de parir e durante a xestación.

Por último, tamén fixo referencia á presenza na actualidade do home na crianza, feito que non era habitual hai anos.
Mostrou ao alumnado a beleza da súa profesión, transmitiu a súa paixón polo labor que desenvolve e comprobamos a necesidade e a importancia dos coidados no ser humano dende que nace.
Velaquí homes que axudan a parir!!!!