Menú Cerrar

Imos con saias: Quen di que os homes non levan saia? (20-21)

O 4 de novembro deste ano, foi algo diferente porque a igualdade está prendendo tamén na roupa. Como? Grazas a iniciativas de xente como Mikel, un rapaz que se atreveu a contravir estereotipos de xénero tan enraizados como é a saia como vestimenta feminina. El cóntanos a súa peripecia en redes sociais e inmediatemente tivo unha grande repercusión.

@mikelgmzNo me daba tiempo a contarlo todo☠️##parati♬ original sound – Mikel Gómez


En moitos centros educativos a rapazada seguiu o seu exemplo e a súa reivindicación, aparecendo con saia, indistintamente de ser muller ou home. O noso instituto non podía ser menos, o que nos enche de orgullo: as saias son de todos, de todas e de todes.