Os días mércores 28 e o xoves 29 de outubro, o alumnado de 1º de bacharelato e de 4º de ESO do noso centro asistiu a unhas videocharlas organizadas por Oceánicas (mulleres que traballan no eido da ciencia do mar) que analizaban a situación da muller neste ámbito.
As charlas, impartidas dende o sur de españa para a todas as comunidades autónomas que quixeran asistir, versaban sobre:
- A conciliación: os problemas estructurais tanto da sociedade como do mundo académico.
- O teito de cristal: as dificultades coas que se atopan as mulleres do mar para acceder a determinados postos.
- Os conceptos básicos de igualdade: nocións imprescindibles para poder profundizar no tema. Se queredes, podedes ver o vídeo, pois é ben interesante.