Menú Cerrar

A fabrica de soños

A fábrica de soños esta semana do 25 de novembro non tivemos soños, senón pesadelos. Ás mesmas que debeu ter a bisavoa Esperanza. O noso foi só un instante, pero o da bisavoa foi para toda a vida. o malo é que hai moitas bisavoas aínda entre nós.

Era o nome da miña bisavoa e agora é o meu. Ela tamén era unha muller cabalo, nacida coma min no ano chinés do cabalo, que se supón que trae mala sorte se naces muller, pero eu coido que é un conto chinés porque aos chineses, como aos mexicanos, non lles gusta que as mulleres sexan fortes.

A miña bisavoa. Gustaríame podela coñecer. Unha muller coma un cabalo salvaxe, tan salvaxe que por ela non casaría. Ata que o meu bisavó lle botou un saco pola cabeza e marchou con ela. Foi así como fixo.

Sandra Cisneros, A casa de mango street.