Menú Cerrar

O espazo da diversidade: ser transexual

O día 6 de novembro estivo connosco a Secretaria da Asociación Arelas (Asociación de Menores Transexuais), Mónica Rodríguez. A rapazada (1º, 2º de ESO e 1º BAC) aprendeu que existen outras realidades, outras diversidades, outras miradas…

Falóusenos dun mundo que moitos de nós xa coñeciamos, pero outros moitos non coñecían: para aceptar hai que coñecer.

Mónica fixo un percorrido pola realidade transexual, en concreto, pola realidade transexual dos menores: das súas dificultades, da súa loita e dos seus logros.

O curso pasado viñera Cristina Palacios, a súa presidenta, e quedamos con gañas de máis; agora viu Mónica e quedamos con gañas de máis… eso pasa cando as persoas que veñen nos trasmiten vida e esperanza.