Menú Cerrar

ESPAZOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

MuMaLa  (Mujeres de la Matria Latino Americana)  é unha  agrupación de mulleres que fai máis de 10 anos loita polos seus dereitos . Estas mulleres fixeron un estudio sobre a violencia sobre as mulleres no ezpazo público (nos desprazamentos  e no transporte). Nós queremos renderlles homenaxe e aproveitamos o seu esforzo para iniciar o mes de novembro, mes no que reflexionamos especialmente sobre esa violencia que sufren as mulleres en todas as partes do mundo.

Aquí vós mostramos a exposición que se colocou na entrada do centro e que nos fai caer na conta de moitas actitudes que por cotidiás e normalizadas nos pasan desapercibidas e que son unha evidencia da violencia evidente e soterrada que a muller soporta polo mero feito de nacer muller.