Menú Cerrar

Profesións femininas?

O pasado 20 de marzo, organizamos unha pequena excursión para coñecermos a un grupo de mulleres que están abrindo camiño dentro das profesións tradicionalmente consideradas como masculinas. Referímonos ás alumnas do Ciclo Superior de Deseño e amoblamento do CIFP Valentín Paz Andrade.

Durante unhas horas as alumnas e profesoras contáronnos as súas experiencias, que lles levou a decantarse pola carpintería e como se traballa nos distintos obradoiros.

Deixámosvos unhas fotos da nosa estancia con estas pioneiras da madeira.

Non queremos rematar este artigo sen agradecer as profesoras Antonia Cendón, María Moo (profesora e ex-alumna do IES Carlos Casares), ao profesor Mario Viéitez, a orientadora Pilar Ferrín , e as alumnas Sonia, Ana, Vanessa, Mónica, Rocío, Clara, Bea e Laura pola súa acollida.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *